Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen en Culleredo unha doutora que se facía pasar por outra para falsificar receitas

Deteñen en Culleredo unha doutora que se facía pasar por outra para falsificar receitas

Suplantaba a identidade doutra psiquiatra e chegou a emitir unhas 800 prescricións irregulares de psicotrópicos

G24.gal 13/02/2022 14:00

A Garda Civil detivo en Culleredo unha doutora que se facía pasar por outra psiquiatra e falsificaba receitas de medicamentos. Os investigadores estiman que puido facer 800 documentos irregulares para obter nas farmacias 800 psicotrópicos, ao parecer, para o autoconsumo.

A detida está acusada dun presunto delito continuado de usurpación do estado civil, outro de falsificación de documentos e outro máis de furto. As investigacións comezaron despois de que unha psiquiatra coruñesa denunciara ante a Policía que utilizaran o seu nome e selo de colexiada para expedir receitas deste psicotrópico.

Os axentes descubriron que a detida se presentara en varias farmacias da Coruña, Culleredo, Oleiros e Betanzos para comprar medicamentos, presumiblemente, para autoconsumo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos