Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen os responsables do aparcadoiro que opera ilegalmente na Lavacolla

Deteñen os responsables do aparcadoiro que opera ilegalmente na Lavacolla

Tiñan vixente unha orde de detención por non presentarse aos requirimentos do xulgado 

Os  veciños aseguran que continúan recollendo coches no aeroporto

Tras pasar a disposición xudicial, quedaron en liberdade

Marta González Salve 21/09/2022 14:11

A Policía Nacional detivo os responsables da empresa ilegal do aparcadoiro que operaba no aeroporto de Santiago e causante, entre outros incidentes, do caos sufrido polos clientes que lles confiaron os seus vehículos a pasada Semana Santa para poder recuperalos das leiras onde os deixaran.

Ambos estaban a ser buscados por non atender os requirimentos xudiciais.

Nin as máis dun centenar de causas abertas contra eles pola súa presunta actividade ilegal e as consecuencias derivadas dela afástanos de seguir exercendo e deixando os vehículos en lugares abertos sen ningún tipo de vixilancia, nin a seguridade que garanten.

Asegura que de pouco vale a sinalización de prohibido estacionar máis de 24 horas colocada en moitos dos lugares onde adoitan deixar os vehículos durante días.

Tras ser detidos e pasar a disposición xudicial, foron postos en liberdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade