Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen a Vidal Padín, o Burro, en relación ao Poseidón e ás planadoras de Ribeira

Deteñen a Vidal Padín, o Burro, en relación ao Poseidón e ás planadoras de Ribeira

No operativo policial practicáronse polo menos cinco detencións e atopáronse dúas planadoras

EP 09/04/2024 13:47 Última actualización 09/04/2024 22:30

Efectivos de Policía Nacional, Garda Civil e Servizo de Vixilancia Aduaneira deron este martes un novo golpe á infraestrutura loxística do narcotráfico na zona de Arousa, cun operativo en que foron detidas polo menos cinco persoas, entre elas o empresario arousán Juan Manuel Vidal Padín, alias o Burro, no punto de mira das forzas policiais desde hai tempo.

A operación, que segue en marcha, inclúe un rexistro dende primeira hora deste martes nunha nave de Vilaxoán. Nesa nave atopáronse dúas planadoras. 

Esta actuación está vinculada, explicaron as mesmas fontes, á investigación que se abriu no seu día pola aparición dun narcosubmarino en augas da ría de Arousa, en marzo do ano pasado. O batiscafo, bautizado como Poseidón, foi localizado fronte ás costas de Vilaxoán e recuperado polas forzas de seguridade.

Unha vez en terra confirmouse que estaba baleiro, aínda que no seu momento os investigadores determinaron que tiña capacidade para transportar uns 5.000 quilos de cocaína.

Así mesmo, as forzas policiais tamén o relacionan coa aparición, tamén fai algo máis dun ano, de dúas planadoras varadas nas costas de Ribeira.

De feito, este martes interviñéronse efectos relacionados coas narcolanchas e hai uns días realizouse outro operativo para a desarticulación dunha rede encargada da construción e transporte deste tipo de embarcacións, cunha decena de persoas implicadas (entre detidos e investigados), entre elas varias persoas vinculadas con José Ramón Prado Bugallo, Sito Miñanco.

Nesa actuación policial realizáronse varios rexistros e atopáronse diferentes moldes para a construción de planadoras semirríxidas, así como un camión preparado para o seu transporte.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade