Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen a exmilitante do PSOE Leire Díez e o expresidente da SEPI Vicente Fernández

Deteñen a exmilitante do PSOE Leire Díez e o expresidente da SEPI Vicente Fernández

Fontes da investigación aluden á súa suposta relación con contratos públicos baixo sospeita

Arquivo (Europa Press/Carlos Luján) Arquivo (Europa Press/Carlos Luján)
EFE 10/12/2025 16:04 Última actualización 10/12/2025 19:19

A Garda Civil detivo este mércores en Madrid a exmilitante do PSOE Leire Díez e o expresidente da Sociedade Española de Participacións Industriais (SEPI) Vivente Fernández, segundo indicaron EFE fontes próximas á investigación, que aluden a contratos públicos baixo sospeita.

Ambos foron detidos pola Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil, debido a unha causa que se segue no Xulgado Central de Instrución número 6 da Audiencia Nacional, en coordinación coa Fiscalía Anticorrupción, e en que as dilixencias están baixo segredo sumarial.

Os arrestados atópanse na comandancia da Garda Civil en Tres Cantos (Madrid), no marco dunha operación que segue aberta.

Leire Díez está imputada tamén polo xulgado de Instrución número 9 de Madrid por delitos de suborno e tráfico de influencias debido a presuntas manobras contra a Fiscalía ou altos mandos da Garda Civil cos que segundo o xuíz pretendía desbaratar investigacións xudiciais.

O titular deste xulgado, Arturo Zamarriego, investiga a exmilitante e o empresario Javier Pérez Dolset polas xuntanzas que mantiveron en busca de información comprometida de fiscais e gardas civís e tamén pola denuncia de intentos de suborno por parte de dous fiscais.

Investigación xornalística

Leire Díez, extraballadora da empresa pública Correos, que depende da SEPI, enmarcou os seus movementos nunha investigación xornalística. Porén, na causa figura a gravación dunha reunión co fiscal Ignacio Stampa na que di ser "man dereita" de Santos Cerdán e "a persoa que puxo o PSOE" para investigar posibles irregularidades.

Empresa investigada no caso Koldo

Vicente Fernández traballou en Servinabar, empresa investigada no caso Koldo, despois de dimitir en 2019 como presidente da SEPI tras a súa imputación por un suposto amaño no concurso internacional que adxudicou á empresa México-Minorbis a explotación da reserva mineira de Aznalcóllar (Sevilla). Quedou absolto do mesmo xeito ca o resto dos 16 acusados.

Servinabar é unha empresa vinculada co ex secretario de Organización do PSOE Santos Cerdán, que segundo a Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil, quedaba cun 2 % de cada adxudicación que lograba Acciona, unha empresa que ten varios exdirectivos investigados pola súa presunta relación cunha trama que supostamente lograría contratos por medio da "indebida influencia" do exdirixente socialista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade