Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detención de película en pleno centro de Marín

Detención de película en pleno centro de Marín

Os axentes tiveron que ser axudados por transeúntes pola agresividade e forza do detido

G24.gal 18/03/2026 14:02

Espectacular detención dun home en Marín que ofrecía moita resistencia. As patrullas da Policía Nacional e Local contaron co apoio de varios transeúntes para reducir o home, que  reside nunha casa ocupada ilegalmente.

Os que circulaban este martes pola avenida de Ourense á altura de Cantodarea quedaron abraiados polo espectacular operativo para reducir un home que fuxía pola avenida. Na placaxe participaron axentes das policías nacional e local e mesmo xente da rúa porque o detido tiña moita forza e estaba fóra de control.

Algúns cidadáns viron como o home pelexaba cunha moza cando saían da casa na que residen ilegalmente. O home de nacionalidade portuguesa ten diversos antecedentes policiais algúns deles por violencia machista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade