Detectan 15 vivendas na Illa cos equipos de medición do consumo da luz manipulados
Os infractores enfrontan sancións de refacturación equivalente a un ano completo coa máxima potencia contratada
A facturación da subministración do luz e do gas segue a sumar prexudicados, que se amorean ás portas das distribuidoras. Algúns levan meses sen recibir a factura e temen o recibo acumulado que lles poida chegar.
A maoiría agarda para reclamar polas cantidades facturadas, moi superiores ás anteriores. Preocúpalles tamén o incremento que vai supor a guerra en Ucraína.
Subas de prezos ante as que algúns decidiron actuar de xeito ilegal. Como é o caso dos propietarios de 15 vivendas da Illa onde a comercializadora detectou que manipularan os equipos de medición.
Unha fraude contra o sistema eléctrico nacional pola que agora se enfrontan a unha refacturación de entre 2.000 e 7.000 euros, equivalente ao consumo dun ano coa potencia máxima contratada.