Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen en Monforte un ancián por abusar dunha menor e á nai por permitilo

Deteñen en Monforte un ancián por abusar dunha menor e á nai por permitilo

A rapaza, que ten agora 15 anos, denuncia que a súa proxenitora a obrigaba a manter relacións sexuais desde os dez anos

Edifici odos xulgados de Monforte Edifici odos xulgados de Monforte
G24.gal 18/02/2023 10:53 Última actualización 18/02/2023 12:50

Axentes da Policía Nacional detiveron un veciño de Monforte de 88 anos, do que transcendeu que o nome correspóndese coas iniciais J. R. V. e que xa foi posto a disposición xudicial o venres por un suposto delito de agresión sexual a unha menor.

A nai da nena tamén permaneceu nos calabozos da Policía Nacional e levárona ata os xulgados por considerala colaboradora necesaria para que a menor tivera encontros sexuais co home.

A vítima, que agora ten quince anos, está acollida nun centro de menores de Lugo. Relata que os abusos, supostamente consentidos pola nai, comezaron cando tiña dez anos. Dos primeiros datos da investigación coñeceuse que na súa declaración dixo que a proxenitora a levaba á vivenda dun amigo, onde a sobaban e mesmo a penetraban.

Agora trátase de dilucidar todos os pormenores do que pasaba e de investigar se a nai da rapaza cobraba polo que lle facían á nena.

Ao parecer, chegou a ter encontros con polo menos outros dous homes de avanzada idade que a agrediron sexualmente durante anos e de xeito recorrente.

Os axentes que se encargaron do caso realizaron unha "longa e ardua investigación" para identificar á persoa ou persoas que supostamente abusaron da menor "desde que tiña dez anos", co coñecemento da súa propia nai.

Parte das pescudas trataron de identificar aos homes de avanzada idade que supostamemnte "sobaron" á nena en lugares aos que a levaba a nai. Os axentes comprobaron que algún deles xa falecera.

O octoxenario acusado e a nai da vítima pasaron o venres a disposición xudicial en Monforte. Tras prestaren declaración ante o xuíz os dous quedaron en liberdade con cargos.

Este novo caso ten semellanzas co que se coñeceu en Baleira, no que tres membros dunha familia foron condenados a tres anos de cárcere cada un por abusar dunha menor. A pequena que tiña sete anos foi obrigada por unha irmá maior a manter relacións sexuais co seu propio marido e o cuñado. Unha situación que se prolongou ata que a muller, que na actualidade ten 21 anos, cumpriu os trece e que derivou ademais nun embarazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade