Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco médicos e un farmacéutico investigados nunha operación contra o tráfico de medicamentos en Cangas

Cinco médicos e un farmacéutico investigados nunha operación contra o tráfico de medicamentos en Cangas

Sospeitan que a rede puxo á venda milleiros de pílulas de Rivotril

Da mestura deste ansiolítico con haxix sae o karkubi, un potente e perigoso alucinóxeno coñecido como a droga dos pobres

G24.gal 13/02/2025 11:25 Última actualización 13/02/2025 21:19

A Garda Civil da por desmantelado o punto de venda en Cangas de ansiolíticos e outras substancias psicotrópicas. Na bautizada como "Operacion Rivotril" detiveron o acusado de vender as drogas e presunto xefe da trama de tráfico de medicamentos.

Ten 56 anos e numerosos antecendentes policiais relacionados con delitos contra a saúde pública. Detrás, máis dun ano de pescudas e 16 investigados, entre eles un farmacéutico e tres médicos de familia e dous psiquiatras do Sergas. 

"Desde o máximo respecto á presuncion de inocencia, o que máis nos preocupa é a presunta implicación nesta rede de médicos do Sergas de Cangas e de Vigo e de varias farmacias", aseguraba o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada.

"Máximo respeto á investigacion e a Consellería de Sanidade disposta a colaborar en todo o que sexa necesario", aseguraba o conselleiro Gómez Caamaño.

Os sanitarios investíganos por un delito contra a saúde pública e falsidade documental na expedición de receitas. O farmacéutico por non comprobar se a identidade da persoa que recollía o medicamento se correspondía coa receita correspondente.

Sospeitan que a rede puxo á venda milleiros de pílulas de Rivotril. Da mestura deste ansiolítico con haxix, alcol e ata pegamento sae o karkubi, un potente e perigoso alucinóxeno coñecido como a droga dos pobres.
O seu uso é moi habitual entre a rapazada en Marrocos e no sur de España.

A investigación agora en marcha comezou ao detectar en Cangas un elevado consumo de psicotrópicos entre menores e comprobar que a nai dun deles chegara a retirar da farmacia 5.800 comprimidos de Rivotril en menos dun ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade