Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desmantelan unha das organizacións criminais máis activas de Galicia

Desmantelan unha das organizacións criminais máis activas de Galicia

Hai 13 persoas detidas, a maioría delas na Coruña, acusadas de integrar unha rede dedicada ao narcotráfico

A droga enviábana tamén a Suíza por medio de cinco transportistas, un distinto cada vez, que traballaban para a rede

G24.gal 17/12/2022 10:24 Última actualización 17/12/2022 20:07

A Garda Civil desartellou unha organización criminal dedicada ao nacotráfico en Galicia. A operación, denominada "Requila", permitiu a detención de trece persoas, residentes a maioría delas na cidade da Coruña. Tamén houbo arrestos en Cambados, Vilanova e Lalín.

Entre os detidos hai varios provedores da cocaína aprehendida, tamén transportistas e numerosos destinatarios da droga que se vendía en puntos da cidade da Coruña.

A Garda Civil dá por desartellada unha das organizacións criminais máis activas de Galicia. As investigacións realizáronse nos círculos próximos á delincuencia e, máis concretamente, nos dedicados á comisión de feitos delituosos por parte de organizacións ou grupos criminais,

Así tiveron coñecemento da existencia dunha rede con estrutura piramidal que se dedicaba a introducir de forma regular, na cidade da Coruña e localidades limítrofes, diferentes partidas de droga, principalmente cocaína, fornecendo delas diferentes distribuidores que se encargaban de vendérllella aos consumidores finais.

Traballaba cunha medida de seguridade, realizando un "cambio de transportista" apenas cada cinco ou seis semanas, o que "dificultaba o labor policial". De feito, en total detectáronse cinco transportistas distintos que se dedicaban a introducir recorrentemente partidas de cocaína na cidade da Coruña. Todos eles foron detidos.

Para realizar estes transportes, cada un contaba cun coche con sofisticados habitáculos ocultos en diferentes partes que lles permitían efectuar estes transportes con máis seguridade, vehículos todos estes que foron requisados pola Garda Civil.

A organización criminal investigada, por medio dun dos seus transportistas, levaba cocaína ata Suíza. Grazas á coordinación entre a Garda Civil e a Policía do país helvético, logrouse deter dúas persoas e incautarse de máis de medio quilo de cocaína, que levaba oculta nun compartimento do vehículo no que viaxaban.

Provedores en Cambados e Vilanova

O avance da investigación, dirixida polo Xulgado de Instrución número 7 da Coruña, permitiu determinar que a organización contaba con dous provedores na provincia de Pontevedra, un na localidade de Cambados e outro na de Vilanova de Arousa.

Estas circunstancias motivaron que o martes 13 de decembro, a Garda Civil despregara un grande operativo tanto na cidade da Coruña coma en Vilanova e Cambados cun centenar de axentes implicados para levar a cabo 16 rexistros domiciliarios.

Do dispositivo, resultou a incautación de 4 quilos de cocaína, haxix, básculas de precisión, prensas, substancias de corte, 42.000 euros e seis vehículos utilizados para a distribución da droga coa que traficaban.

Os detidos pasaron a disposición do xulgado de garda de cada localidade que acordsaron o ingrso en prisión de catro deles.

Imaxe dun dos rexistros realizados / Garda Civil Imaxe dun dos rexistros realizados / Garda Civil
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade