Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desmantelan un grupo criminal en Ourense e comisan 14 quilos de haxix

Desmantelan un grupo criminal en Ourense e comisan 14 quilos de haxix

Na operación Al Andalus a policía detivo cinco persoas e realizou tres rexistros nos barrios do Couto, A Ponte e Berrocás

Un dos arrestados foi conducido a prisión

G24.gal 16/04/2024 11:24

A Policía Nacional desmantelou un grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas na cidade de Ourense. Os axentes detiveron cinco persoas e realizaron tres rexistros en domicilios dos barrios do Couto, A Ponte e Berrocás.

A intervención, desenvolvida o pasado 11 de abril polo Grupo de Estupefacientes da Comisaría de Ourense en colaboración con GOES e UPR, puxo o colofón á operación Al Andalus.

No operativo, os axentes comisaron 14 quilos de haxix, outras drogas, 20.000 euros en metálico, tres automóbiles, unha motocicleta de alta cilindrada e outros efectos relacionados co tráfico de drogas

Os cinco detidos foron postos á disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Ourense. O maxistrado ordenou o ingreso en prisión dun dos investigados e decretou a posta en liberdade con cargos dos outros catro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos