Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desmantelan o cuartel da Garda Civil de Trasmiras

Desmantelan o cuartel da Garda Civil de Trasmiras

A Subdelegación do Goberno di que as instalacións, que son municipais, atópanse nun estado deplorable e que supón un risco para a seguridade e a saúde laboral

O alcalde de Trasmiras asegura que lle ofreceu outro edificio do concello e restaurar o actual pero que non recibiu resposta

G24.gal 05/12/2025 14:15

O peche do cuartel de Trasmiras parece definitivo. Este xoves unha empresa de mudanzas retirou xa das instalacións municipais as pertenzas dos gardas civís que prestaban servizo neste concello limiao e no de Sarreaus. A veciñanza está indignada, séntense inseguros e temen que aumenten os roubos e a delincuencia.

O cuartel de Trasmiras quedou desmantelado. Os augurios da veciñanza cumpríronse, xa non teñen o servizo da Garda Civil e están indignados temen que aumenten os roubos e a inseguridade.

Dende a Subdelegación do Goberno din que o peche se debe a unha cuestión de seguridade laboral, polo estado deplorable, engaden, do cuartel, que supón un risco severo. Por este motivo trasladaron os axentes a Verín e Vilar de Barrio. 

A Subdelegación insiste en que o servizo quedará garantido con oficinas móbiles de atención ao cidadán e coa presenza de patrullas nos concellos de Trasmiras e Sarreaus, aos que este cuartel cubría.

O Concello ofreceu outro edificio municipal mentres non se rehabilitaba este, pero, asegura, non recibiu resposta. Na provincia de Ourense, co peche deste cuartel, quedan 31.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar