O PP pídelle a Renfe que recupere os horarios dos trens que conectan Ourense co resto de Galicia
Os populares lembran que se cambiaron coa chegada do AVE e que os usuarios saíron prexudicados
Desde Ourense, o Partido Popular pediulle hoxe a Renfe que recupere os horarios dos trens que conectan esta cidade co resto de Galicia. Os populares lembran que se cambiaron coa chegada do AVE e que os usuarios saíron prexudicados. Os máis afectados son os traballadores que se desprazan entre as capitais á primeira hora da mañá.
"Que Renfe faga unha política comercial pensando nos usuarios, nos que diariamente collen os trens para facer a mobilidade entre as cidades e logo os que queren facer as conexións co AVE. O que non se pode é reducir os servizos para os que traballan e os usan todos os días en detrimento do que queren conectarse con Madrid", defendeu o deputado popular, Celso Delgado.