Cargando resultados...
Descobren un marcador do xogo de pelota maia
Achado arqueolóxico en Chichén Itzá, México
Atoparon un marcador do xogo de pelota do 800 ou 900 despois de Cristo
Considérase un obxecto moi raro
G24.gal
13/04/2023 08:11
Presentouse un achado arqueolóxico en México considerado moi raro: un marcador de pedra, usado polos maias no xogo da pelota, un deporte parecido ao fútbol que era tradicional dos pobos mesoamericanos. Datárono cara ao ano 800 ou 900 despois de Cristo. Ten unha escritura xeroglífica que rodea dous xogadores de pé canda unha bóla. Atopárono no sitio arqueolóxico maia de Chichén Itzá, na península de Iucatán.