Publicador de contidos

Publicador de contidos

Descobren un punto de venda de drogas por mor dun aviso por malos tratos en Carballo

Descobren un punto de venda de drogas por mor dun aviso por malos tratos en Carballo

Atoparon 21 doses de cocaína, 32 gramos de marihuana e unha báscula de precisión

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 06/04/2023 10:56

Axentes da Garda Civil do posto de Carballo destaparon un punto de venda de droga por mor dun aviso por malos tratos nesta localidade coruñesa.

Os feitos ocorreron cando a patrulla acudiu a un domicilio da localidade tras recibir un aviso dun caso de violencia de xénero, segundo informa nun comunicado o instituto armado.

Tras asistir e protexer a vítima, procederon á detención do suposto agresor, atopando indicios de que este domicilio puidese ser un punto de venda de substancias estupefacientes polo miúdo.

No transcurso da actuación policial os axentes atoparon unha bolsa de plástico con 21 doses de cocaína, 32 gramos de marihuana e unha báscula de precisión, afirmando o detido que eran da súa parella porque se dedica á venda de drogas no domicilio conxugal.

Por estes feitos, a Garda Civil procedeu ao traslado o home, que xa tiña antecedentes por ambos os delitos, xunto con substancias estupefacientes a dependencias oficiais para ser posto a disposición xudicial no Xulgado de Violencia sobre a Muller e Instrución de Carballo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade