Publicador de contidos

Publicador de contidos

Descenden as hospitalizacións e os contaxios da covid-19 en poboación de risco

Descenden as hospitalizacións e os contaxios da covid-19 en poboación de risco

Hai 751 pacientes en planta e 30 nas UCI

A área sanitaria da Coruña é a que maior presión soporta

A área sanitaria da Coruña ten 170 pacientes hospitalizados
G24.gal 16/07/2022 13:57

A evolución da covid en Galicia mellorou estes últimos días cun descenso importante de hospitalizados. Os últimos datos notifican un total de 781 ingresos, 69 menos ca o día anterior
A área sanitaria máis afectada segue sendo a da Coruña, onde a covid contribúe na saturación das urxencias.

Desde hai catro días as hospitalizacións en planta baixaron en máis de 150 ingresos. Agora roldan os 750 pacientes, e nas UCI esta foi unha semana bastante estable, con cifras arredor dos 30 críticos de hoxe.

Unha vez máis a área da Coruña encabeza os ingresos, con 10 en coidados intensivos e 160 en unidades convencionais. Esta situación pouco ten que ver coa do verán pasado a estas alturas cando na Coruña había en total 24 pacientes contaxiados.

As consecuencias nos hospitais maniféstanse xa desde a porta de entrada, para os pacientes coa covid e para o resto, como asegura a médica de Urxencias do CHUAC, Uxía Fernández Robelo.

"Están saturadas as urxencias e estamos colapsados nós. É unha situación insostible, neste momento. Non é de risco como tal pero si que agora mesmo non se pode traballar ben, os pacientes teñen moitas horas de espera, tardan moito tempo en ingresar e iso é un risco para todos. "

Cunha incidencia acumulada en maiores de 60 anos por enriba dos 1.350 casos por cada 100.000 habitantes, os ingresos maioritarios que se están dando son nesta franxa de idade porque a covid interfire noutras patoloxías. 

Esa xente moita ingresa. Segue habendo pneumonías, insuficiencias respiratorias e segue habendo xente con moitas patoloxías que se descompensan por iso. Pero vemos moita xente nova, non con problemas respiratorios, con cadros de gastroenterite causados polo virus.

Aínda que comezan a baixar os contaxios neste colectivo, desde Sanidade insístese na responsabilidade individual de protexer os máis vulnerables nas xuntanzas do verán. Nas últimas horas notificáronse 16 falecementos de persoas maiores infectadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade