O Dépor asina a primeira vitoria e un gran partido (3-1)
Primeiro 17 minutos espectaculares, con goles de Ximo e Aubameyang
A parella Nsongo-Aubameyang marcou diferenzas
Riazor volveu a ser unha caldeira, cunha presionante afección
Foto LaLiga
Como un furacán. Así saiu o Dépor ante o Valencia. Cunha aliñación con Riki na medular e Nsongo arriba xunto a Aubameyang. Cunha intensidade brutal e unha afección volcada. O resultado... En 17 minutos dous goles. O primeiro de Ximo, á saida dun córner. E o segundo logo dun acción espectacular, de calidade, de Aubamenyang. Tres goles leva en tres xornadas. Sensacional.
A festa era rachada en Riazor, demasiada festa se cadra. Porque rápido chegou a confianza e, nunha saída de balón, Bright Ede regaloulla de xeito incrible ao Valencia. E chegou o gol. Gol de Sadik. Minuto 26.
E aí viñeron momentos de dúbidas e houbo que sufrir. Foron dez minutos. Logo o Dépor volveu toma-lo mando e Aubameyang mesmo tivo a opción do terceiro. Pero daquela os ches estaban na pelexa e, antes de marchar ao descanso, Javi Guerra deu o susto para o Valencia. Se o Dépor baixaba a intensidade, o Valencia chegaba.
A segunda metade principiou con sensación de máis equilibrio, pero rápido a conexión Aubameyang-Nsongo deixou a primeira opción para os locais. De Nsongo. E logo outra clara de Aubameyang. O Valencia quería, pero non daba. E coa conexión Nsongo-Aubameyang non podía. Eles desfixeron o encontro. Nunha acción nun costado de Nsongo, con centro cara Aubameyang que acabou por metelo dentro Diakabí (minuto 58).
E de aí ao final, o Valencia sentiuse perdido e asistimos a máis festa en Riazor. Co único "pero" da expulsión por protestar de Altimira. E cos herculinos xogando cómodos, paladexando a primeira vitoria desta temporada.
A primeira vitoria que chega xusto cando volveu a unión coa afección.