Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro detidos e catro quilos de coca comisados nunha operación antidroga en Ferrol

Catro detidos e catro quilos de coca comisados nunha operación antidroga en Ferrol

O avance da investigación permitiu identificar o xefe da organización, quen dirixía as operacións de contacto entre distribuidores e clientes desde a prisión, onde cumpre condena por outros delitos

G24.gal 02/05/2025 12:13

A Policía Nacional desmantelou unha parte dunha organización criminal dedicada á distribución de cocaína a nivel nacional na denominada operación Gama. A investigación, coordinada pola comisaría de Ferrol-Narón, culminou coa detención de catro persoas nas localidades de Albacete e Estepona e a incautación dun importante alixo de drogas e armas.

As pescudas iniciáronse a principios de 2024 ao detectarse a un individuo que realizaba transportes de droga desde Pontevedra e Madrid con destino a Ferrol, co obxectivo de abastecer diversos puntos de venda en Narón. Neste primeiro elo da rede foi arrestado un mozo o pasado mes de decembro nas Pontes cando transportaba dous quilos de cocaína procedente da capital española.

En rexistros posteriores, en propiedades de Narón, atopáronse ademais dez quilos de haxix e pequenas cantidades de MDMA e heroína. O avance da investigación permitiu identificar o xefe da organización, quen dirixía as operacións de contacto entre distribuidores e clientes desde a prisión, onde cumpre condena por outros delitos. Para iso, se valía doutro membro da rede que se atopaba en liberdade.

Dentro da estrutura criminal, os axentes identificaron un individuo residente en Albacete que coñecera o líder da organización en prisión. Este suxeito, que xa estaba a ser investigado polo grupo de estupefacientes de Albacete, dedicábase a transportar cantidades significativas de cocaína ata a capital manchega para a súa posterior distribución a outros traficantes locais.

A Policía Nacional asestou un golpe a esta rama da organización o pasado mes de febreiro, detendo en Albacete a este individuo e á súa parella. Foron sorprendidos mentres transportaban un quilo de cocaína adquirido en Madrid. No rexistro do seu domicilio, os axentes localizaron outro quilo de cocaína, dúas pistolas e diversos útiles para a manipulación de substancias estupefacientes.

Finalmente, a operación estendeuse ata Estepona, onde foi detido un home natural de Ferrol que actuaba como intermediario para a adquisición da droga, completando así a desarticulación desta parte da rede criminal con conexións en varias provincias españolas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade