Cargando resultados...
Desaparecida dende o sábado unha muller de 79 anos no Carballiño
SOS Desaparecidos catalogou esta desaparición como de alta vulnerabilidade

G24.gal
10/12/2023 21:00
No Carballiño buscan a Concepción Vázquez Sequeira, unha muller de 79 anos que desapareceu o sábado na parroquia de Arcos. A muller vestía unha chaqueta rosa e negra e levaba un bastón e un paraugas violeta. A asociación SOS Desaparecidos catalogou esta desaparición como de alta vulnerabilidade.