Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de corenta vivendas desaloxadas polo incendio dun garaxe en Salvatrerra de Miño

Máis de corenta vivendas desaloxadas polo incendio dun garaxe en Salvatrerra de Miño

O fume obrigou a desaloxar os tres edificios, en total, preto de medio cento de vivendas, e os veciños non puideron regresar ás súas casas ata pasadas as seis da mañá

O foco do incendio estaba en dous vehículos aparcados que quedaron totalmente calcinados

G24.gal 04/03/2024 08:38 Última actualización 04/03/2024 14:13

Un incendio obrigou a desaloxar tres bloques de vivendas en Salvaterra de Miño. O lume iniciouse no garaxe que comparten, e os bombeiros tiveron que traballar durante varias horas para extinguilo.

O incendio orixinouse pouco antes das dúas da mañá no garaxe que comparten tres bloques de vivendas da rúa Raíña dona Urraca de Salvaterra. O fume obrigou a desaloxar os tres edificios, en total preto de medio cento de vivendas, e os veciños non puideron regresar ás súas casas ata pasadas as seis da mañá.

Con poucas horas de sono, os veciños de tres bloques de corenta e seis vivendas en Salvaterra de Miño agardaban información sobre o estado dos seus vehículos. O presidente da comunidade escoitou un ruído ás dúas da madrugada e comprobou ques saía moito fume negro. Foi quen alertou o resto dos veciños para que saíran o antes posible da casa.

Á súa chegada os bombeiros do Porriño e os de Ponteareas atoparon unha situación complicada. So eran seis efectivos dispoñibles e tiveron que pedir reforzo ao parque do Morrazo. O seu obxectivo foi evitar que o lume se estendera ás vivendas por iso segundo explica Dani Bar, cabo dos Bombeiros do Porriño,  atacaron o lume dende o acceso interior do inmoble ao garaxe. Había moita calor acumulada e pouca visibilidade  polo que foi difícil atopar o foco. Dous coches quedaron calcinados, outros catro e dúas motos afectados polo lume e o resto por fume. O incendio tamén provocou problemas coa rede eléctrica e a auga.

Toca agora avaliar danos, porén os veciños aínda non puideron acceder ao garaxe, xa que os técnicos analizan os danos estruturais. Noite longa tamén na rúa Ecuador de Vigo. O incendio noutro garaxe obrigou ao desaloxo de varias vivendas. Unha muller embarazada tivo que ser evacuada ao hospital Cunqueiro por inhalación de fume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar