Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desactivado o nivel 2 de alerta nos incendios do Courel e de Valdeorras

Desactivado o nivel 2 de alerta nos incendios do Courel e de Valdeorras

G24.gal 22/07/2022 20:46 Última actualización 22/07/2022 21:40

Na tarde deste venres quedaron desactivadas todas as alertas por proximidade das lapas ás vivendas tanto no Courel como en Valdeorras.

Nesta situación estaban os núcleos de Parada dos Montes, Carballal e Gamiz, en Folgoso, e o de Busto na Pobra do Brollón. En ambos os dous concellos, as lapas calcinaron máis de 11.000 hectáreas.

Tamén se atopaba en alerta a poboación de Candeda, en Carballeda de Valdeorras. O lume declarado nesta zona, que xa queimou 10.500 hectáreas, afecta o Parque Natural da Serra da Enciña da lastra.

Nas últimas horas a situación é máis tranquila. Arestora, os traballos dos equipos contraincendios céntranse nas zonas de máis difícil acceso da alta montaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade