Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deportivo e Racing afrontan nun gran momento as eliminatorias de ascenso

Deportivo e Racing afrontan nun gran momento as eliminatorias de ascenso

O Deportivo xogará contra o Linares e o Racing enfrontarase ao Ximnástico de Tarragona

O Alxeciras presentará un recurso que pode mudar a clasificación do Grupo B

G24.gal 29/05/2022 21:27

Así se despedía de Riazor, agradecida, a afección do Unionistas de Salamanca. E así afronta o reto da fase decisiva a afección local: con ilusión e en sintonía co equipo. Con 74 puntos, o Deportivo quedou a oito do ascenso directo, pero mantívose toda a temporada en postos de promoción. Un gol do exdeportivista Rayco fixo pechar con derrota a fase regular. Agora ábrese a fase da ilusión. O sábado, co Linares.

Brillante tamén a clasificación do Racing, que rematou a temporada terceiro, con 72 puntos. E mantendo a dinámica positiva en que se embarcou en febreiro: pechou a liga con vitoria por 2 a 0 na Malata ante o Dux.

A peor noticia deuna o Celta B tras quedar fóra cando levaban 15 xornadas seguidas en postos de promoción. Adiantáronse con gol de Fabricio, pero a S. D. Logroñés empatou e fíxolle un tremendo favor ao seu rival local, O Unión Deportiva Logroñés, que superaba así os vigueses. Iso e a vitoria do Raio Majdahonda no minuto 94.

O Grupo B podería cambiar porque o Alxeciras presentará o luns un recurso ante do Comité de Apelación para reclamar os puntos no partido contra o Real Madrid Castela por aliñación indebida. Unha resolución favorable cambiaría a distribución dos rivais dos equipos galegos. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos