Deportivo e Lugo protagonizan o partido da xornada na 1ºRFEF
Os de Idiakez queren entregarlle a sétima vitoria consecutiva aos seus seareiros e achegarse ao liderado
Os lucenses, a confirmar as sensacións con troco no banco
O Dépor chega coa opción de ser líder e gustaríalles inda así, Villares prefire ser líder só na última xornada. Os coruñeses chegan coa frechiña para arriba. Son 6 vitorias consecutivas e a chave xa ven de lonxe: o traballo diario desde o comezo. Xogadores como Mella ou Lucas están no mellor momento de forma da tempada, o memomento da verdade.
O Lugo chega despois do debut de Trashorras con empate pero boas sensacións. Fran Mérida ten claro a chave para sacar un bo resultado de Riazor: xogar de ti a ti, sen complexos e sen especulacións. En ataque os luceses están a sufrir un bloqueo. Con moitas e boas ocasións non foron quen de anotarlle un gol ao Fuenlabrada, sobre todo nunha segunda metade onde os albivermellos foron amplamente superiores aos seus rivais.
O Domingo na G2 desde ás 19H, un derbi para continuar un grandísima xeira de resultados ou para confirmar as boas sensación co troco no banco.