As opcións de ascenso directo esvaécense para o Deportivo (0-0)
Empate sen goles diante do líder Alcorcón co que os coruñeses comezan a pensar na promoción
O Rácing e o Real Madrid Castela, os máis beneficiados por este empate
Empate que non lle serve de nada ao Deportivo e que lle vale de pouco ao Alcorcón (0-0). A falta de nove puntos é o Rácing o que pasa a depender de sí mesmo e o Real Madrid Castela tamén podería superar nesta xornada o equipo madrileño.
Sorprendeu de inicio o Alcorcón, cunha presión alta e impedindo que o Deportivo levase a iniciativa durante moitos minutos do primeiro tempo. No minuto 10 deron un aviso os alfareiros. Cano viuse na obriga de facer un troco pola lesión de Antoñito e o Deportivo non atopaba o xeito de crear perigo.
As dúas mellores ocasións chegaron no treito final. Para o Alcorcón Chiki, para o Deportivo Raúl Carnero. Os dous porteiros estiveron perfectos e evitaron o gol.
A dinámica trocou no segundo tempo. Os locais melloraron as súas prestacións e tiveron o control do partido e as ocasións. Kuki Zalazar puido marcar no 51 e Soriano probou sorte desde a frontal no 63. Cano meteu a Saverio e Svensson e o dianteiro perdoou no 72 unha oportunidade moi clara.
Quedaba outro aviso de Lucas Pérez a dez do final que salvou un Jesús Ruíz moi inspirado. Empate a cero final que prexudica os dous equipos. O Alcorcón queda nas mans do Rácing e o Real Madrid Castela. O Deportivo ten case imposible o ascenso directo e apunta á promoción.