Denuncian unha agresión sexual dun menor de Lugo a unha compañeira de instituto
Denuncian unha agresión sexual dun menor de Lugo a unha compañeira de instituto
O caso está en mans da Fiscalía de Menores

Un instituto de Lugo denunciou a presunta violación dunha alumna de 13 anos por parte doutro menor.
Ao parecer, vítima e presunto agresor son compañeiros, aínda que os feitos non se produciron no centro escolar. Foi a dirección do instituto tras ter noticia do asunto quen decidiu denunciar ao negarse a familia da vítima debido a súa situación irregular no país.
O caso está agora en mans de Fiscalía de Menores. A investigación lévase coa máxima cautela.
O portavoz da Policía Nacional, o subinspector Manuel Arias, puntualizou sobre este caso que a policía fixo unha investigación a principios do mes de xuño.
Como consecuencia desa investigación, aclarou que se deu conta á Fiscalía de menores e a partir de aí "a investigación e as correspondentes dilixencias corresponden á autoridade xudicial".