Denuncian un suposto caso de maltrato animal en Betanzos
Perros Invisibles lanzou unha campaña nas redes para facerse coa custodia do animal
Os donos do can afirman que son falsas as acusacións e que teñen posta unha denuncia
A comunidade de Instagram Perros Invisibles está a loitar para que Orque poida ter unha vida mellor. Segundo afirman, ofrecéronlles aos donos comprárllelo para que deixe de estar encadeado e malnutrido, como eles denuncian, pero sempre recibiron un non por resposta.
A concentración desta noitiña é unha medida desesperada para evitar o sacrificio do animal, que, segundo apunta Perros Invisibles, os donos queren levar adiante despois de que un veterinario afirmara que a saúde do can é moi precaria e non vai mellorar.
Os donos aseguran que o caso está en máis da xustiza e denunciado na Garda Civil. Afirman que o can este é un animal de once anos e que está enfermo, din que o contido difundido nas redes non se axusta á verdade.
Os donos do can aparecen en diversos vídeos publicados nas redes sociais. Negan que o animal estea maltratado, algo que desde Perros Invisibles aseguran que non é certo. Acudiron en varias ocasións á vivenda onde se atopa o can para darlle de comer e atendelo. Segundo a súa versión, néganse a ceder o animal, mesmo ofrecéndolles cartos a cambio.
Os donos aseguran que o can de once anos está enfermo e din que a información de maltrato difundida nestes vídeos é completamente falsa. Incluso aseguran que un grupo de mozos quixo entrar na súa vivenda esta noite para levar o animal, que senten estar perseguidos e difamados. De feito aseguran que puxeron unha denuncia no xulgado.
Mentres, Perros Invisibles ten convocada unha concentración este serán diante da vivenda en sinal de protesta e de presión para que os donos lles cedan o coidado do can. Tamén contan que tentaron poñer unha denuncia na Garda Civil e no Concello e que en ningún sitio os atenderon, pero están insistindo para facer valer os seus dereitos.