Denuncian a aparición de pintadas no coche da alcaldesa pedánea de Bembrive
O vehículo foi vandalizado cunha diana vermella cun punto no medio entre a porta do condutor e a traseira

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, condenaron as pintadas aparecidas esta madrugada no coche da alcaldesa pedánea de Bembrive, Patricia Otero.
En concreto, o vehículo foi vandalizado cunha diana vermella cun punto no medio entre a porta do condutor e a traseira. A Policía afirma que investigarán o tema "ata as últimas consecuencias".
Segundo o subdelegado do Goberno, trátase dun acto de violencia "despreciable e intolerable", que ten "relación directa" coa súa defensa da ampliación da A-52. Ademais, fixo unha "chamada á responsabilidade" daqueles que convocan mobilizacións e aqueles que asisten ás mesmas en protesta desta autovía, pedindo que se respecten os distintos puntos de vista.
Losada aproveitou o audio difundido aos medios de comunicación para volver defender a importancia desta vía, "que debería estar feita desde hai máis de 20 anos". Seguindo na mesma liña, Cabalero condenou totalmente este "feito violento" no coche dunha alcaldesa "escollida democraticamente".