Denuncian a acumulación de maleza nos ríos de Neda
Os veciños temen que poidan producirse inundacións como as vividas hai anos
En Neda, os veciños volven alzar a voz ante unha situación que consideran urxente e perigosa: a acumulación de maleza nos ríos Basteiro e Belelle. Din que, sen unha intervención inmediata, poderían repetirse as inundacións que xa sufriron no pasado. Porque para moitos é difícil esquecer o inverno de 2023, cando os ríos Basteiro e Belelle desbordaron provocando graves inundacións en Neda.
Vivendas anegadas, estradas cortadas e familias afectadas por unha situación que, segundo os veciños, podería repetirse, porque a maleza medra e os obstáculos naturais impiden o fluxo da auga.
A Asociación de Afectados Basteiro-Belelle volve alertar: sen intervención, din que o risco é real. Din que xa presentaron un escrito ao concello, pero aínda non obtiveron resposta
Insisten en que cómpre actuar en todo o treito fluvial para evitar que a choiva volva converter Neda nunha zona catastrófica.