Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta desmente que Denis Suárez vaia xogar cedido no Español

O Celta desmente que Denis Suárez vaia xogar cedido no Español

Segundo La Voz, a mediación de Luis Campos foi determinante. Xogaría cedido ata final de temporada

Celta desmente, nun comunicado,  as informacións publicadas hoxe que aseguran que Denis vai saír cedido para xogar no Español

G24.gal 17/01/2023 11:11 Última actualización 17/01/2023 13:20

Aas horas de Denis Suárez no Celta están contadas e o seu futuro inmediato, antes de desembarcar en xullo no Vilarreal para o próximas tres tempadas, estará no Español, segundo informa La Voz de Galicia. A mediación de Luís Campos, que convenceu a Carlos Mouriño e ao propio futbolista de que non ten sentido para ningunha das partes prolongar unha situación na que todos perden, foi fundamental para que o acordo polo que se poña fin á relación contractual de Denis Suárez co Celta estea moi preto.

O club renunciaría ao alto traspaso que establecera como condición e o futbolista ás cantidades que ten comprometidas máis aló de xaneiro. Ambas as partes deben perfilar agora o acordo na versión que mellor se axuste aos seus intereses. Pendente da desvinculación, está o Español, o club mellor posicionado dos que se interesaron polo futbolista, sabendo que a súa relación acabarase coa tempada.

Denis Suárez ten no técnico vigués Diego Martínez un gran valedor. O Xetafe é a outra entidade que presentou unha oferta formal, e permanece á expectativa, pero o futbolista parece decidido a regresar á cidade de Barcelona. O acordo entre o Español e Denis Suárez está pendente de poñerse negro sobre branco.

Nun comunicado o" Celta desmente as informacións publicadas hoxe que aseguran que Denis Suárez vai saír cedido para xogar no Español. O club celeste non recibiu ningunha proposta polo citado xogador".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos