Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denis Suárez, sobre o Celta: "Coa entrada de Marián Mouriño faranse moi ben as cousas"

Denis Suárez, sobre o Celta: "Coa entrada de Marián Mouriño faranse moi ben as cousas"

O de Salceda de Caselas estivo no seu campus e non evitou ningún tema

"Cónstame que o desexo de Gabri Veiga é seguir no Celta"

"Estrañaríame moito que Darder marchase do Español"

G24.gal 29/06/2023 15:26

Denis Suárez non se agocha á hora de cualificar a temporada: "A nivel persoal e deportivo foi a peor. En Vigo non me deixaron xogar e no Español as cousas non saíron como agardaba". 

No Español coincidiu con Darder, que soa para o Celta: "Estrañaríame moito que saíse de alí". Tamén considera que Gabri Veiga debe seguir en Vigo "porque me consta que é así o seu desexo". 

Co que se queda é co mellor da etapa celeste: "Fun moi feliz, estou moi agradecido á xente, pasaron acontecementos que non me gusta que tiveran pasado pero non son rencoroso. Coa entrada de Marián faranse moi ben as cousas". 

Tamén se referiu ao seu novo club, o Vilarreal, onde xogou a un nivel moi alto e volverá a participar nunha competición europea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade