Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denis Suárez, posible reforzo do Celta para o centro do campo

Denis Suárez, posible reforzo do Celta para o centro do campo

Petición expresa de Claudio Giráldez co visto e prace de Marián Mouriño

 

G24.gal 18/08/2025 14:27 Última actualización 18/08/2025 14:35

Imaxinan a Denis Suárez de regreso a Balaídos? O Celta busca un perfil de xogador para un posto determinado e Denis Suárez encaixa nese perfil, é unha opción. Denis pertence ao Vilarreal pero en Vilarreal sabe que disporá de pouco protagonismo esta temporada. Trátase dunha petición expresa de Claudio Giráldez co visto e prace de Marián Mouriño

Para fichalo, o Celta necesita que saian neste mercado Aiddo, Cervi e algún xogador máis.

Denis foise ao Español en xaneiro de 2023, cedido ata extinción de contrato, tras varios meses apartado do equipo. Non puido contribuír a evitar o descenso do cadro barcelonés e acabouse mudando ao Vilarreal con Marcelino; seguramente o equipo e o adestrador cos que máis brillou. Con todo, non puido repetir éxito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar