Cargando resultados...
Denis carga contra a actitude do equipo: "Parecía que buscabamos a derrota"
"Temos que dar moito máis", asegurou o xogador de Salceda de Caselas
G24.gal
10/04/2022 20:17
Ao final do partido Denis amosouse moi enoxado e criticou a actitude do equipo en Cornellá: "Non competimos como nos últimos partidos. Non fomos contundentes, sen facer faltas. Doe perder así porque parece que non nos xogabamos nada. Parecía que buscabamos a derrota".
O centrocampista entende que o equipo ten que ser máis agresivo e contundente: "Temos que dar moito máis", sentenciou Denis.