Cargando resultados...
Demandan que se acondicionen as infravivendas do poboado lugués do Carqueixo
Reclaman tamén que se retire o vertedoiro incontrolado da contorna
Félix Aragunde
13/01/2022 13:32
Das oito chabolas que quedaban en pé no poboado do Carqueixo, a única que estaba baleira vén de ser derrubada. No resto residen uns vinte veciños, que se queixan do mal estado en que se encontran as súas vivendas. Demandan, por tanto, que lles concedan axudas para acondicionalas.
Outra das reclamacións dos residentes neste poboado chabolista ten que ver coa enorme cantidade de lixo acumulada na súa contorna. Para que deixe de semellar un vertedoiro incontrolado, os veciños reclaman que retiren cunha pa todos os residuos que hai arredor.
O Carqueixo chegou a ter máis de 40 infravivendas, en que residían preto de 300 habitantes.