Decretan o nivel 2 por proximidade dun incendio á parroquia do Sexo, Agolada

A Xunta activou o nivel 2 de alerta nun incendio no municipio pontevedrés de Agolada, que se aproxima a parroquia do Sexo. O servizo de Incendios 085 informou de que se declarou o nivel 2 como medida preventiva debido á proximidade do incendio a ese núcleo de poboación.
Polo momento, mantense declarada a situación 2 a nivel provincial en Ourense e tamén se activou no municipio coruñés de Toques, concretamente na parroquia de San Martiño de Oleiros, que segundo as últimas estimacións arrasou xa as 200 hectáreas e que preocupa pola súa proximidade ao núcleo de poboación de Penagundín, en Melide.
De acordo coo último balance de Medio Rural, ademais do lume de Toques están activos nove en Ourense, o máis grande, en Chandrexa de Queixa, onde se uniron os focos de Requeixo e Parafita con máis de 11.000 hectáreas queimadas.
Os outros sitúanse en Maceda (2.500 ha), Oímbra-A Granxa (8.000 ha), A Mezquita-A Esculqueira (8.000 ha), Vilardevós-Vilar de Cervos (500 ha), Vilardevós-Moialde (100 ha), Vilardevós-Fumaces e A Trepa (50 ha), Vilariño de Conso-Mormentelos (250 ha) e Larouco-Seadur (800 ha).