Publicador de contidos

Publicador de contidos

Decretada a alerta por seca nos encoros de Zamáns e de Baíña

Decretada a alerta por seca nos encoros de Zamáns e de Baíña

Nigrán e Baiona son os dous municipios afectados por esta situación

Os alcaldes de ambos os dous concellos queren reunirse con Augas de Galicia

O embalse de Baíña está ao 39 % da súa capacidade
G24.gal 24/09/2022 16:23 Última actualización 24/09/2022 17:04

A Oficina Técnica da Seca eleva a situación de alerta por falta de auga nos pantanos de Zamáns e Baíña que fornecen os concellos de Nigrán e Baiona. Ambos os dous concellos chegan a triplicar a poboación na época estival.

Esta situación vai obrigar a pór en marcha medidas especiais nos sistemas municipais de abastecemento. De momento, os cortes que se levaron a cabo afectan ás praias e mesmo aos baldeos das rúas, que están totalmente prohibidos.

A poboación agarda expectante a evolución dos niveis das presas e o sector da hostalería comeza a preocuparse. 

O encoro de Zamáns, situado no concello de Vigo, subministra a Nigrán e permanece enganchado a Baiona por se fose necesario usar desta auga. Con todo, os alcaldes dos municipios afectados queren reunirse con Augas de Galicia.

Se non chove, as medidas poderían ser máis drásticas. De momento, a máis urxente é aplicar un réxime de caudais ecolóxicos de seca para os ríos de Zamáns e Baíña.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade