Publicador de contidos
Publicador de contidos

Declaran o Arde Lucus Festa de Interese Turístico Internacional

Declaran o Arde Lucus Festa de Interese Turístico Internacional

A festa celebrará este ano a súa vixésimo segunda edición

G24.gal 14/03/2023 16:45 Última actualización 14/03/2023 21:03

O Goberno local de Lugo informou de que o Arde Lucus, a festa que evoca o pasado romano da cidade, foi declarada de Interese Turístico Internacional.

A consecución deste recoñecemento era un vello obxectivo para o Goberno local e tamén para as asociacións de recreación histórica da cidade que participan na organización desta festa.

O Concello de Lugo recibiu comunicación desa declaración por parte do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio este martes ao mediodía.

De feito, a alcaldesa Lara Méndez, e o edil de Mocidade e Deportes, Mauricio Repetto, comparecerán de urxencia esta tarde, xunto á estatua dos fundadores da cidade, para facer declaracións sobre este recoñecemento.

O Arde Lucus celebrará este ano a súa vixésimo segunda edición, entre os días 22 e 25 de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade