Declara o detective que investigou á vítima do crime do garaxe
A investigación céntrase no ámbito familiar
Tentando evitar a prensa, así saía dos xulgados Faustino Otero, o detective que prestou declaración como testemuña no caso do crime de Rosalía de Castro. Recoñeceu ter feito seguimentos á vítima por orde da súa exmuller, contestou escuetamente as preguntas do xuíz, a acusación agardaba que achegase máis información tras o declarado por outras testemuñas.
O que si parece estar claro é que a investigación se está a cinguir ao ámbito familiar, xa que todos coñecían as malas relacións e o medo que Manuel Salgado tiña ao seu fillo e á súa exmuller.
O equipo legal que defende os achegados á vítima pedirá con seguridade novas dilixencias sobre algunhas declaracións e novos testemuños sobre este asasinato ocorrido en 2004, que foi reaberto sorprendentemente nos últimos meses.