Publicador de contidos

Publicador de contidos

Que é mellor: a tarifa regulada ou o mercado libre?

Que é mellor: a tarifa regulada ou o mercado libre?

Moitos consumidores cambiáronse nos últimos meses ao mercado libre

Co tope ao gas a tarifa regulada volverá ser a máis barata

G24.gal 13/05/2022 20:56 Última actualización 13/05/2022 21:03

Coa suba do prezo da luz comezaron as dúbidas entre os consumidores.

"Subiu o dobre, e iso que temos pouca potencia, estou mirando para cambiarme de compañía".

Algúns foron quedando na tarifa que tiñan.

"Por agora teño mercado regulado, non fixen ningún cambio, a verdade non sei moi ben a que aterme".

Pero houbo migracións masivas cara ás ofertas do mercado libre.

"Cambieime hai pouco ao mercado libre porque dicían que o regulado era peor e a verdade é que me baixou a factura". 

Dende as asociacións de consumidores din que a situación que se deu foi algo excepcional e que agora o tope ao gas beneficiará máis a tarifa regulada.

Víctor Muñóz, presidente de Facua Galicia: "Vai baixar entre un 40 e un 50 % a factura e iso vai afectar o mercado regulado. No mercado libre se pactamos permanencia temos que quedar nel".

Cómpre fixarse na letra pequena dos contratos que asinamos.

"Se me cambiase ao libre normalmente ten permanencia entón espero que me compense a parvada de permanecer no regulado este tempo".

Os que non teñen permanencia poderán mudar de novo á tarifa regulada.

"No meu caso non asinei permanencia así que ao mellor postor".

O pasado ano os movementos da tarifa regulada cara ao mercado libre acadaron o 25% do total e duplicáronse con respecto ao 2020.

Publicidade
Publicidade
Publicidade