Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta critica que a lei de industria do Goberno "chega tarde" e sen consenso

A Xunta critica que a lei de industria do Goberno "chega tarde" e sen consenso

O Executivo central anuncia que antes de final de ano aprobará un novo paquete de axudas para as gasintensivas

G24.gal 19/12/2022 16:17

O prezo do gas está poñendo contra as cordas a industria. O Goberno aprobará antes de final de ano un novo paquete de axudas para as gasintensivas.

Así o anunciaba a ministra Reyes Maroto esta mañá antes da reunión que mantivo coas comunidades autónomas sobre a futura lei de industria, que regulará a transición ecolóxica do sector. O Goberno di que busca o consenso.

En Galicia, o Goberno da Xunta non o ve así. O vicepresidente Francisco Conde acusa o ministerio de actuar á marxe das comunidades autónomas. 

Conde criticou que a lei de industria do Goberno "chega tarde" e "non foi acordada" coas comunidades autónomas.  

"Estamos ante unha lei que non foi consensuada, non houbo ningún tipo de participación por parte das comunidades autónomas", censurou en declaracións aos medios de comunicación.  

Por iso é polo que sinalase a situación "preocupante porque parece que quere deseñar unha política industrial á marxe das comunidades". "Esperamos que iso non sexa así", advertiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade