Publicador de contidos

Publicador de contidos

De la Barrera deixa claro que non vai mirar o nome nin a idade de ninguén para xogar

De la Barrera deixa claro que non vai mirar o nome nin a idade de ninguén para xogar

O adestrador coruñés sinalou que o seu primeiro labor é identificar no vestiario aqueles xogadores que están "co semáforo ámbar, vermello ou verde"

G24.gal 18/05/2023 11:45 Última actualización 18/05/2023 16:20

Rubén de la Barrera chega ao Deportivo coas ideas moi claras e coa sensación de que todas as decisións que tome deben ter consecuencia inmediata no campo. Non hai tempo que perder. Con apenas dúas xornadas de liga por diante, e unha fase de ascenso aínda non asegurada, o novo adestrador branquiazul anunciou que haberá oportunidades para a canteira, coa que Óscar Cano apenas contou:

"Isto vai de xogadores do Deportivo. O mozo que estea preparado vai ir para o campo. Non vou esperar. O mellor modo de protexerme e protexer ao equipo é poñer, teña o nome que teña, o que teña 16 ou 37".

"Trilli é un mozo novo e cun potencial tremendo. El co seu rendemento tennos que dicir se si ou se non. Ten que xogar, e el e o seu rendemento dirannos se vai ter continuidade ou non. É dono do seu futuro. Con esas condicións, ese rapaz ten que estar feito unha bomba se quere ser futbolista. Váiselle a dar a opción. En canto a Mella, claro que vai ter opcións de xogar se non, non estaría aquí". 

O adestrador coruñés  sinalou que o seu primeiro labor é identificar no vestiario a aqueles xogadores que están, segundo as súas propias palabras, "co semáforo ámbar, vermello ou verde".

De la Barrera declarouse orgulloso de volver ao Deportivo, unha decisión que nin sequera necesitou pensar, pero que lle podería brindar o seu gran soño:

"Oxalá a vida permítame ascender co Dépor. Sería o máis marabilloso".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar