Publicador de contidos

Publicador de contidos

De Bruyne tira o muro do Atlético de Madrid

De Bruyne tira o muro do Atlético de Madrid

Na ida dos cuartos de final da Liga de Campións, triunfo do Manchester City por 1-0

G24.gal 05/04/2022 22:24

O Atlético de Madrid foi a Manchester coa clara intención de chegar con vida ao partido de volta. Puxo unha muralla defensiva e esqueceuse de mirar a portería contraria. 

Ederson foi un espectador durante todo o partido. O Atlético non tirou nin unha soa vez a portería pero no primeiro tempo conseguiu o seu obxectivo. O City de Guardiola, expoñente europeo do fútbol de ataque, case non xerou oportunidades. 

No segundo tempo viuse algún achegamento inglés, aínda que sen asoballar en ningún intre a área atlética. De Bruyne probou nunha falta e Laporte rematou de cabeza rozando o traveseiro. No 70 apareceu o belga De Bruyne para cruzar diante de Oblak e darlle unha mínima vantaxe ao Manchester City.

No outro partido de cuartos o Liverpool gañou en Lisboa (1-3) e deixou moi encamiñada a eliminatoria. Os goles de Konate e Mané no primeiro tempo deixaban o camiño despexado para o equipo inglés. O Benfica reaccionou da man de Darwin Núñez, que marcou ao pouco de comezar o segundo tempo. O tanto do ex do Porto Luís Díaz pechou o marcador e, probablemente, a eliminatoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade