David Walker, experiencia e fiabilidade para o Obradoiro
O equipo santiagués incorpora un escolta con cinco temporadas de experiencia en ACB, catro delas en Andorra
Segue a moverse o mercado de fichaxes nos nosos equipos da ACB. Desta volta é o Obradoiro o que incorpora unha nova peza exterior. O escolta de Ohio David Walker. Un xogador contrastado, con cinco temporadas de experiencia na ACB.
Chegou a España en 2016 para xogar en Andorra, onde se asentou no equipo. En total catro temporadas cuns números moi respectables. Sempre por riba dos 20 minutos de promedio na pista e cifras anotadoras próximas aos dez puntos. O primeiro foi o seu mellor ano (9,0 puntos, 42 % en tiros de 3).
En 2020 marchou para o baloncesto alemán pero no mes de xaneiro de 2022 non o dubidou cando recibiu a chamada de Bilbao Básket. Con 28 anos regresaba a España aínda que non o fixo cun rol tan importante (4,6 puntos).
No Obradoiro agardar recuperar as mellores e demostrar o seu bo manexo de balón e capacidade de tiro exterior.