David Caneda avala a fichaxe de Marco Garcés: "O Celta fixo unha boa fichaxe"
O técnico galego coincidiu con Marco Garcés no Pachuca mexicano
Quen coincidiu con Marco Garcés no Pachuca mexicano é o adestrador galego, grovense, David Caneda, hoxe no fútbol chipriota. David Caneda pasou polo Contrataataque da Radio Galega e cre que o Celta tomou unha decisión acertada.
"É válido, intelixente, simpático... Ten gusto polo fútbol e manexa as novas tecnoloxías".
"Adoita traballar coa canteira. O Celta fixo unha boa fichaxe".
O novo director deportivo do Celta, uniuse a LAFC despois dun exitoso período de 11 anos no Club de Fútbol Pachuca da liga MX, onde desempeñou os últimos sete anos como Director Deportivo despois de traballar tamén como Xefe de Exploradores e Director de Fútbol e Ciencias do Deporte.
Durante o seu tempo en Pachuca, Garcés axudou o club a gañar o título da liga MX en 2016, a liga de Campións da Concacaf en 2017 e a lograr un terceiro posto na Copa Mundial de Clubs da FIFA en 2017.