Cargando resultados...
Dava Torres lócese cunha tripla e o Liceo queda a unha vitoria da final
Dava Torres lócese cunha tripla e o Liceo queda a unha vitoria da final
Triunfo por 4-1 no segundo partido da semifinal diante do Calafell

G24.gal
28/05/2023 14:08
Apareceu o mellor Dava Torres desta temporada no segundo partido da semifinal da OK Liga. O goleador coruñés marcou unha tripla que aniquilou o Calafell (4-1). Isto permítelle ao Liceo afrontar os dous partidos en terras catalanas coa tranquilidade de ter feito os deberes na súa casa (2-0 na eliminatoria).
Dava marcou ao comezo do partido e César Carballeira anotou o segundo. O Calafell non tivo o mesmo tino que no primeiro encontro e no segundo tempo recibiu o terceiro gol, segundo na conta de Torres. Arnau Xaus deulle unha pequena esperanza aos cataláns pero Dava quitoulla deseguido co cuarto gol liceísta, o terceiro da súa conta particular.