Fan unha colecta para recuperar o que perderon no incendio do taller da Escola de Enxeñería de Vigo
Os alumnos da escudería UVigoMotorsport tentan recadar fondos a través de GoFundMe
Calculan que as perdas poden ascender a 50.000 euros
No incendio do taller resultou danado o chasis do UM26 no que levaban máis dun mes traballando
O anexo da Escola de Enxeñería Industrial, que os alumnos utilizan como taller, quedou practicamente calcinado. O seu interior reducido a cinzas, tamén o chasis do monopraza deste ano no que levaban máis dun mes traballando.
Por fortuna non estaba no interior o coche UM25, preparado para facer probas de pilotos. Din que puido ser moito peor.
Teñen en marcha unha campaña para recadar fondos na plataforma GoFundMe. Nas primeiras 24 horas conseguiron máis de 4.000 euros.
O equipo, formado por alumnos, ten claro o obxectivo, ter listo o monopraza a tempo para poder competir.
A investigación da Policía Nacional apunta a que foi un curtocircuíto. Agardan que a Universidade lles ceda outro lugar onde seguir traballando.