Publicador de contidos

Publicador de contidos

Danilo Petrucci, primeiro piloto de MotoGP en gañar unha etapa do Dakar

Danilo Petrucci, primeiro piloto de MotoGP en gañar unha etapa do Dakar

G24.gal 07/01/2022 12:52

No Dakar, os Toyota oficiais están intratables. Hoxe gañou Henk Lategan, o compañeiro de equipo en Gazoo Racing de Al-Alitiyah.

E segundo foi Loeb, que lle puido recurtar uns minutos ó multimillonario qatarí. De todos os xeitos, o de Toyota conserva máis de media hora de vantaxe. O carbón dos Reis, para Carlos Sainz e Audi. Volveu ter problemas, desta volta por un amortecedor, e perdeu outra hora máis.

Foi monsieur Dakar, Stephane Peterhansel, quen parou para auxiliar ó madrileño. Sainz di adeus ás poucas opcións que tiña de remontar.

En motos, vitoria histórica de Danilo Petrucci, que se converteu no primeiro piloto de MotoGP en gañar unha etapa do Raid.

Agora falamos dos nosos: Boa etapa para os dous, e mesmo ó final quixeron compartir información. A etapa que fixeron hoxe as motos farana mañá os coches, e viceversa. Escoitámolos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos