Publicador de contidos
Publicador de contidos

Danielle chega finalmente a Galicia como un temporal preoutonal

Danielle chega finalmente a Galicia como un temporal preoutonal

A borrasca tropical traerá precipitacións que poden chegar aos 40 l/m2 en doce horas no litoral atlántico 

Aviso amarelo na costa de Fisterra ata A Guarda porque os chuvascos poden ser puntualmente intensos

Aviso amarelo por refachos de vento forte nas zonas altas de Lugo e Ourense

G24.gal 12/09/2022 14:42

Agardando a Danielle, así están nos lugares da costa atlántica, pero durante esta mañá todo se mantiña aínda bastante en calma. A borrasca tropical está avanzando máis amodo do previsto inicialmente. Contábase que chegaría o domingo, pero finalmente, será a partir da media tarde deste luns cando empece a descargar auga en todo o litoral leste da comunidade, con bategadas que poderían chegar aos 15 litros por metro cadrado nunha hora. 

O que empezou sendo un ciclón tropical chegará ao final a Galicia coa furia moi rebaixada, pero aínda así pode provocar esas descargas de auga intensas na costa entre Fisterra e A Guarda onde hai aviso amarelo por chuvia a partir das seis da tarde. Tamén hai aviso amarelo por vento en zonas da montaña de Lugo e Ourense. Os refachos poderían acadar os 80 quilómetros por hora. 

Unha das cousas en que se nota que esta borrasca tivo orixe tropical é que mantén especialmente altas as temperaturas en especial as mínimas que roldan os 20 graos. Este primeiro temporal outonizo desaparecerá do mapa a partir do mércores. Agardase que a partir de entón volva predominar de novo o anticiclón e e se recupere o tempo propio de finais de verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade