Cargando resultados...
Dani Berdomás e Brais Mirón, novos campións galegos de rallys
Venceron no Rally do Carballiño, e suceden no palmarés ao heptacampión Víctor Senra
G24.gal
26/09/2026 22:53
Dani Berdomás e Brais Mirón proclamáronse esta tarde campións galegos de rallys. Venceron no Carballiño, na primeira oportunidade que tiñan para facerse co título e suceder no palmarés galego a Victor Senra.
A cita ourensá, a primeira neste curso, púxose de cara porque Alberto Meira e José Lamela, os únicos pilotos que podían evitar o título de Berdomás tiveron que abandonar por unha avaría. A Berdomás chegáballe con rematar a proba, pero proclamouse campión ó grande, con triunfo.