Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dani Abalo, exxogador do Celta e do Ludogorets, cre que os galegos son favortitos

Dani Abalo, exxogador do Celta e do Ludogorets, cre que os galegos son favortitos

O xogador do Portonovo xogou na Liga de Campións co equipo búlgaro

G24.gal 26/11/2025 15:21 Última actualización 26/11/2025 15:28

Dani Abalo chegou ao Celta en idade xuvenil, disputou 122 partidos e fixo 8 goles co primeiro equipo. Xogou xunto a Iago Aspas, do que ademais é moi amigo, e posteriormente vestiu a elástica de varios equipos, entre eles o Ludogorets.

Os dous conxuntos xogan este xoves en Europa League.

“O Ludogorets non anda ben nin en Europa League nin en Liga, acaban de cambiar de adestrador e é unha incógnita co que se pode atopar o Celta. A priori, o Celta é favorito"

Tras marcharse do Celta foise ao Ludogorets, un por entón descoñecido equipo búlgaro, que fora campión na anterior tempada. Alí puido cumprir un dos seus soños ao disputar competicións europeas, e non calquera competición senón a Champions, xogando en grandes estadios como Anfield Road, onde mesmo anotou un gol, ou o Santiago Bernabéu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos