Dadas de alta todas as persoas ingresadas polo gromo gastrointestinal rexistrado no IES Elviña da Coruña
Dadas de alta todas as persoas ingresadas polo gromo gastrointestinal rexistrado no IES Elviña da Coruña
Todas as persoas ingresadas polo gromo gastrointestinal rexistrado no IES de Elviña, na Coruña, provocado pola inxestión de tortilla, foron dadas de alta.
Así o informa a Consellería de Sanidade no seu último parte despois de que en informacións anteriores cifrase en 68 as persoas afectadas, con catro ingresados.
A Consellería de Sanidade tivo constancia do suceso o pasado luns e xa sinalaban que a intoxicación se tiña que deber a algún produto inxerido entre o 8 e o 9 de xaneiro durante o recreo, cando os alumnos teñen acceso á cafetería do centro, que non ten comedor.
A cafetería, que presentaba boas condicións hixiénicas, permaneceu pechada desde que se tivo constancia do sucedido en relación a este gromo.