Publicador de contidos

Publicador de contidos

Da adversidade a ser un dos mellores sopranistas do mundo

Da adversidade a ser un dos mellores sopranistas do mundo

Na puberdade, a súa larinxe non baixou completamente, deixándolle unha voz máis aguda do habitual

Este luns, Samuel Mariño actuará no Teatro Colón da Coruña, dentro da súa primeira visita a Galicia

G24.gal 21/11/2025 21:28 Última actualización 21/11/2025 21:44

Samuel Mariño é un cantante de música clásica que pasa por ser un dos poucos sopranistas do mundo. 

"A voz de sopranista é unha voz dun home, coma min, que canta no rexistro de soprano, canto na voz máis aguda", afirma.

Na súa Venezuela natal, Samuel foi capaz de converter unha adversidade na súa maior virtude. Unha voz que non se adaptaba aos canons acabou sendo a porta a un mundo de novas oportunidades.

"Fomos a diferentes médicos, ofrecéronme operacións de larinxe ou terapia, ata que un deles me dixo por que non conservaba a miña voz así e cantaba", describe Samuel.

Chegou á música clásica con aires renovadores, non só en canto ao seu rexistro vocal, senón tamén cunha estética innovadora que transmite tanto como a propia música.

"Por que temos que vestir de negro, por que ser tan estritos? Se eu quero cantar en jeans, por que non?", cuestiona.

Samuel Mariño é a día de hoxe un sopranista recoñecido internacionalmente. Pero o camiño non foi fácil. Na adolescencia, pola voz foi vítima de acoso.

Samuel impúxose ás adversidades, e a música clásica gañou un novo referente.

Este luns, o Teatro Colón da Coruña descubrirá a súa voz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade